Voluntariado na asociación Special Olympics Galicia

06 Xun 2022

Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que organiza actividades de lecer e deporte para persoas con discapacidade intelectual.

Precisan persoas voluntarias para as súas actividades de verán: Xacobeo 2022 e Vacacións de Verán 2022

 

XACOBEO 2022

Teñen previsto realizar o Camiño de Santiago na semana do 27 de xuño ao 3 de xullo, actividade para que precisan persoas voluntarias.

Realizarán 7 camiños á mesma vez con diferentes entidades de Galicia e doutras comunidades autónomas.

Todos os días sairán desde Santiago, é dicir, ao ser un grupo tan numeroso de persoas participantes (ao redor de 400 persoas), por motivos de loxística, as asociacións aloxaranse no Monte do Gozo. Desta maneira a organización será a seguinte: todos os días recolleraos un autobús en Santiago para levalos ao comezo da etapa que lles corresponda, ao finalizala, o mesmo autobús traeraos de volta a Santiago, desta maneira, as persoas voluntarias que sexan de Santiago irán durmir á súa casa, para as que sexan de fóra, teñen reservadas un número limitado de prazas para pernoitar.

Perfil:
Maior de 18 anos.
Preferiblemente con carné de Conducir B.

Funcións da persoa voluntaria:
Apoio en todo o relacionado coa organización.
Apoiarán ao coordinador/a acompañando ao grupo durante as diferentes etapas segundo as súas indicacións.
Dinamizarán o grupo.
Conducir vehículos de apoio durante os diferentes roteiros.
Apoio á persoa responsable do aloxamento con todo o relacionado coas chegadas das diferentes asociacións.
Apoio ao persoal de comunicación, entrevistas ás persoas participantes durante o camiño, realización de reportaxes gráficas.
Responderán as necesidades do grupo que acompañen na medida do posible e co apoio e asesoramento do coordinador/a.
Coñecerán e aplicarán as normas establecidas para o mellor funcionamento do programa.
Outras funcións que poidan xurdir en beneficio da persoa con discapacidade intelectual.


VACACIÓNS DE VERÁN 2022

En canto aos campamentos, todos realizaranse pola provincia de Pontevedra con pernoita.

Funcións da persoa voluntaria:
Interactuarán conxuntamente coas persoas con discapacidade intelectual e monitores/as, facilitando a inclusión en diferentes contornas.
Apoiarán ao coordinador/para acompañando un subgrupo durante as actividades segundo as súas indicacións.
Propoñerán actividades, festas e dinamizarán o grupo de monitores/ as.
Responderán as necesidades do subgrupo que acompañen na medida do posible e co apoio e asesoramento do coordinador/a.
Coñecerán e aplicarán as normas establecidas para o mellor funcionamento do programa.
Outras funcións que poidan xurdir en beneficio do lecer da persoa con discapacidade intelectual.

Documentación necesaria:
Fotocopia DNI, tarxeta sanitaria e carné de conducir.
Certificado de delitos sexuais.
Certificado COVID-19.
Ficha de voluntario/a que se axunta (esta ten que ser a orixinal ou con firma dixital)

Realizaranse en quendas dunha semana, durante os meses de xullo e agosto nas seguintes datas:
5-12 Xullo
14-21 Xullo
23-30 Xullo
1-8 Agosto
10-17 Agosto
19-26 Agosto

No caso de decidir participar, enviarlles unha listaxe por orde de prioridade en canto ás datas.

Prazo de inscrición: 15 de xuño de  2022

Poderiase impartir unha charla informativa antes do día 15 de xuño para as persoas que manifestasen interese en participar nalgunhas destas actividades.

Máis información
Asociación de Padres, Profesionales y Amigos de Personas con Discapacidad Intelectual. "Special Olympics Galicia"
Vía Pasteur, 53- B- Polígono do Tambre
15890- Santiago de Compostela
Teléfono 981 519 815
administracion@specialolympicsgalicia.org

http://specialolympicsgalicia.org/