A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23
Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2022/23 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.
As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2021/22 (BOE do 30 de xuño de 2021).
Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2*, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 635 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 973,74 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.563,10 €.
d) Máis do 30 %: 2.319,22 €.
Prazos:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, ata o 11 de xullo de 2022 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, ata o 1 de agosto de 2022 (este incluído).
As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 6 de xuño de 2022 e nos CRD:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/
https://www.edu.xunta.gal/centros/credovigo/
https://www.edu.xunta.gal/centros/credoourense/
* O limiar 2 de renda familiar:
Familias dun membro: 13.236
Familias de dous membros: 22.594
Familias de tres membros: 30.668
Familias de catro membros: 36.421
Familias de cinco membros: 40.708
Familias de seis membros: 43.945
Familias de sete membros: 47.146
Familias de oito membros: 50.333