IX Concurso Internacional de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira

02 Xun 2022

O Concelo de Ribeira convoca a IX edición do Concurso Internacional de novela curta “Cidade Centenaria de Ribeira”

Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia, cun único traballo en lingua galega (empregando a normativa ortográfica e morfolóxica aprobada pola RAG en 2003) de temática libre, orixinal e inédito, non excluíndose a gañadores/as de anteriores edicións.

A obra, cunha extensión mínima de 80.000 caracteres e máxima de 140.000 caracteres con espazos, presentarase por quintuplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara (tipo de letra Times New Roman, tamaño 12), debidamente grampados ou encadernados co título e pseudónimo, sen firma ou calquera outro elemento que poida ser identificador do/a autor/a.

Os traballos, citando “IX Concurso Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira” remitiranse a: Concello de Ribeira, Rexistro Xeral. Á/a da Área de Cultura, Praza do Concello, s/n. 15960 Ribeira. A Coruña. España.

Premio: 3.000 €
Prazo: 23 de marzo de 2023

Máis inforamción no BOP da Coruña do 2 de xuño de 2022