Work in Tech by Fad

02 Xun 2022

FAD, Fundación de Axuda contra a drogadicción, pon en marcha por segundo ano o proxecto Work in Tech by Fad no que ofrece 120 bolsas para mozas e mozos de 18 a 35 anos que queiran formarse en competencias dixitais que lles abran camiño a desenvolverse profesionalmente en contornas dixitais. Non é necesaria ningunha experiencia previa e poden solicitarse a través da páxina de WiT https://workintech.campusfad.org/

O obxectivo é facilitar a empregabilidade dos e as mozas de 18 a 35 anos en contornas dixitais. Ofrécese formación en Soporte TI e as formacións realízanse a través da plataforma Coursera.

As bolsas -do 100%- son para un curso con certificación de Google que forma en competencias que van desde a resolución de problemas ao servizo ao cliente así como coñecementos en sistemas operativos, administración de sistemas, automatización e seguridade, todos eles imprescindibles para ofrecer soporte en tecnoloxías da información.

As 120 bolsas que Fad ofrece foron cedidas polo programa social Work in Tech de INCO Academy, que chegou a máis de 16 países en Europa, onde máis de 9.500 persoas formáronse para despegar as súas carreiras na área de Tecnoloxías da Información

Ademais a FAD xestionará outras 150 bolsas máis que INCO Academy ofrece para fortalecer a empregabilidade da mocidade mediante as ferramentas adecuadas que permitirán ás persoas formarse en COÑECEMENTOS e HABILIDADES para traballar en áreas profesionais de alta demanda e de gran proxección de futuro relacionadas coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación: UX, Data Analysis e Project Management.

Máis información