A Consellería de Educación publica no DOG do 2 de xuño o calendario escolar para o curso 2022/23
Cando se realizarán as actividades lectivas?
1. En educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.
3. Nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 30 de xuño de 2023, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.
Vacacións escolares
Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2022/23 serán os seguintes:
– Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.
– Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.
– Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.
Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
– 20 de novembro de 2022: Día Universal da Infancia.
– 25 de novembro de 2022: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2022: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
– 3 de decembro de 2022: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
– 10 de decembro de 2022: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 24 de xaneiro de 2023: Día Internacional da Educación.
– 30 de xaneiro de 2023: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
– 23 de febreiro de 2023: Día de Rosalía de Castro.
– 8 de marzo de 2023: Día Internacional da Muller.
– 15 de marzo de 2023: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 6 ao 10 de marzo de 2023: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
– 1 de abril de 2023: Día das Artes Galegas.
– 7 de abril de 2023: Día Mundial da Saúde.
– Do 17 ao 21 de abril de 2023: Semana do Libro.
– 2 de maio de 2023: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
– 9 de maio de 2023: Día de Europa.
– Do 15 ao 19 de maio de 2023: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2023: Día Mundial do Medio Ambiente.
De conformidade coa Lei pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.
As datas de conmemoracións son lectivas