Bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

02 Xun 2022

A Xunta de Galicia convoca 6 bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ou no exterior, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Requisitos:
Ter veciñanza administrativa en Galicia.
Estar en posesión dun título de grao, licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente.
Ter rematado os estudos no ano 2013 ou posterior.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de xullo de 2022
As solicitudes tramítanse en https://sede.xunta.es co procedemento PR809A
Máis información no DOG do 2 de xuño de 2022 e en http://www.cooperaciongalega.org