Concurso de Carteis CIMA 2022

01 Xun 2022

O Concello de Ponferrada ven de convocar o Concurso de Carteis CIMA 2022.

O prazo de presentación de orixinais, comeza o 1 de xullo de 2022 e finaliza o 19 de xullo de 2022. Os traballos deberán ser entregados ou enviados á CASA DA CULTURA de Ponferrada, Gran Vía Reino de León 22, 24402 Ponferrada (León). A efectos da data de envío terase en conta a que figure no cuño de correos ou control da axencia de transporte, pero serán excluídos aqueles que se reciban con posterioridade ao 25 de xullo.

Destinatarios

Poderanse presentar persoas físicas de calquera idade, nacionalidade e lugar de residencia.

Requisitos

- A obra ha de ser orixinal, inédita e non supoñer, en todo ou en parte, copia, plaxio, recreación ou variación de obras publicadas propias ou doutros artistas.
- Cada autor poderá presentar cuantos orixinais desexe, cada un deles co seu correspondente título ou lema.
- As dimensións dos orixinais fíxanse en 70 cm. de alto X 50 cm. de ancho.
- Cada traballo presentarase de forma impresa e en soporte dixital (CD ou DVD) cun tamaño igual ao orixinal e unha resolución de polo menos 300 ppp.
- No cartel deberá figurar obrigatoriamente a seguinte lenda:
CIMA 2022
Do 1 ao 6 de setembro

Accede ás BASES da CONVOCATORIA

Máis información Concello de Ponferrada