Curso na Coruña de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Aventeira

31 Mai 2022

ETL Aventeira Escola convoca na Coruña un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.

Datas
Parte online: do 4 de xuño ao 23 de xuño. 40 horas
Parte presencial: do 7 de xuño ás 16:00 h ao 23 de xuño ás 14:00 h. Intensivo, tódolos días. 160 horas.

Horario
Parte presencial: de 9:00-14:00 e de 16:00-21:00 (agás o primeiro e o último día).
Parte online: horario flexible a través dun método asíncrono para a auto-organización por parte do alumno ou alumna.

Lugar
O espazo principal para a celebración do curso é a academia The Brain Factory, Paseo de los Puentes, 7, baixo, A Coruña.

http://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/matl/ 
Teléfonos: 722 349 493 e 722 349 497
Correo electrónico: escola@aventeira.com