Campus 1Plante4All

25 Mai 2022

O Campus 1Plante4All de voluntariado ambiental organízao Axuda en Acción e forma parte do programa europeo 1Planet4All que promove a participación activa da mocidade fronte ao cambio climático.

O campus está dirixido a mozos e mozas de entre 20 e 28 anos que residan en España e que teñan interese na sustentabilidade e o cambio climático.

Será do 1 ao 07 de Agosto no Albergue de Berzosa de Lozoya (Madrid) e é TOTALMENTE GRATUÍTO.

As actividades para realizar durante esa semana serán: talleres, visitas, actividades de voluntariado ambiental, actividades grupais de distensión, paseos e espazos de encontro e intercambio.

Na seguinte ligazón atoparedes máis información e a maneira de inscribirse: https://ayudaenaccion.talentclue.com/es/job/86246200