Actividades en Oleiros durante o mes de xuño

24 Mai 2022

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras, publican as súas actividades para o mes de xuño.

Todas as súas actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais continuaran coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

Actividades:
03/06/2022 - OBRADOIRO DE COCIÑA XAPONESA - PORTABERTA - 17:00h a 19:00h.
04/06/2022 - MOCIRADIO - Horario e lugar por determinar.
10/06/2022 - OBRADOIRO DE MACETEIROS DE MACRAMÉ - AS PEDRAS - 18:00h a 20:00h.
11/06/2022 - XORNADA DE MEDIACIÓN COMUNICATIVA - ESTHER PITA - 10:00h a 14:00h.
11/06/2022 - OBRADOIRO DE XABÓN DE GLICERINA - PORTABERTA - 18:00h a 20:00h.
17/06/2022 - 23/06/2022 - EXPOSICIÓN "DEFENSORAS DA NATUREZA". CAMPAÑA SOMOS AMAZONÍA DE ENTRECULTURAS - AS PEDRAS. A INAUGURACIÓN SERÁ O DÍA 18 DE XUÑO ÁS 12:30 HORAS.
18/06/2022 - 3ª ETAPA DO CAMIÑO - 10:00h a 18:00h.
18/06/2022 - FESTIVAL DE RAP - AS PEDRAS - 21:00h a 23:30h.
25/06/2022 - TEATRO "ANFITRIÓN" de Plauto. Compañía de Teatro Noite Bohemia - AS PEDRAS - 21:00
26/06/2022 - FESTIVAL X-FEST (A Estrada) - 15:00h a 23:00h.

Os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00
O horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a venres de 17:00 a 22:00 e sábado dende as 18:00 ate as 22:00 Portaberta e ata as 23:00 As Pedras.

Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/  na cal poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...