Curso en Melide de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Barlovento

23 Mai 2022

A Escola de tempo libre Barlovento organiza en Melide un curso de Monitor/a en actividades de tempo libre.

Datas: do 13 de xuño ao 7 de xullo de 2022.
Horario: de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas
Prezos:
- Prezo xeral: 310€
- Desconto estudantes, desempregados/as ou CarnéXove 295€
- Desconto Trae un amig@ 285€
Lugar: Melide

Máis información na Escola de tempo libre Barlovento
Teléfono: 670 892 307
etlbarlovento@marexada.es
https://www.marexada.es/curso-monitora-de-tiempo-libre.html 
@etlbarlovento