II Certame Galego de Videoclips Musicais do Concello de Burela

20 Mai 2022

O Concello de Burela convoca o II Certame Galego de Videoclips Musicais, Musicarte.

Para o certame haberá 3 categorías:
1. Poderá presentarse calquera persoa ou colectivo pertencente a Escolas Municipais ou privadas de Música de a Comunidade Galega ou pertencentes a Conservatorios de Galicia.
2. Alumnado de IES de Galicia, públicos privados ou concertados.
3. Adultos non profesionais da música e non pertencentes a Escolas de Música nin Conservatorios.

Cada participante concursará cun un máximo de 3 videoclips orixinais e inéditos (que non foran premiados en ningún outro certame de similares características) dun minuto de duración mínimo e un máximo de cinco minutos.
O vídeo presentarase en formato avi, mpg2, mp4 o mov e axuntarase ao enderezo electrónico enviado a casaxuventude@burela.org.
Os vídeos DEBERÁN SER EN FORMATO HORIZONTAL. Poderán ser editados para mellorar a súa calidade gráfica e artística.
Valorárase a mensaxe social, a calidade sonora e de imaxe, a interpretación, e a complexidade dos videoclips.
Poderase empregar todos os recursos que o/a autor/a considere necesarios, excluíndo ao Concello de Burela da responsabilidade dos dereitos de autor da música, imaxes e material audiovisual empregados no vídeo.

O prazo de presentación dos vídeos estará aberto ata o día 20 de xuño de 2022

Os premios son:
a. Premio 400 € e trofeo (peza única de artesanía galega) - Mellor videoclip Escolas de Música ou Conservatorios.
b. Premio 400 € e trofeo (peza única de artesanía galega) - Mellor videoclip IES galegos.
c. Premio 400 € e trofeo (peza única de artesanía galega) - Mellor videoclip adultos non profesionais.

Máis información no BOP de Lugo do 20 de maio de 2022 e en https://burela.org/gl/musicrte-2022