Bolsas Leonardo á investigación á creación cultural

19 Mai 2022

A Fundación BBVA convoca as Bolsas Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais destinadas a apoiar directamente o traballo de investigadores e creadores culturais de entre 30 e 45 anos que, atopándose en estadios intermedios da súa carreira, desenvolvan un proxecto marcadamente persoal e innovador no correspondente ámbito de especialización ou actividade nas seguintes áreas:
- Ciencias Básicas (Física, Química): 5 bolsas
- Matemáticas: 5 bolsas
- Bioloxía e Biomedicina: 10 bolsas
- Ciencias do Medio Ambiente e da Terra: 5 bolsas
- Enxeñerías e Tecnoloxías da Información: 5 bolsas
- Economía, Ciencias Sociais e Xurídicas: 5 bolsas
- Humanidades: 5 bolsas
- Música e Ópera: 5 bolsas
- Creación Literaria e Artes Escénicas: 10 bolsas

Os proxectos presentados terán unha duración de entre 12 e 18 meses desde a subscrición do compromiso de aceptación da bolsa. O proxecto obxecto da bolsa solicitada deberá estar completado ao finalizar este período.

As persoas solicitantes serán investigadores/a ou creadores/as culturais de nacionalidade española con residencia en España, ou nacionais doutros países con residencia en España.

Deberá ter unha idade comprendida entre os 30 e 45 anos (ambos inclusive) no momento da solicitude. Deberá atoparse nun estadio intermedio da súa carreira ou actividade profesional, cunha innovadora traxectoria científica ou creativa.

Se o proxecto presentado fóra a desenvolverse nunha universidade, un centro público de investigación, un centro privado (non lucrativo) de investigación ou nun hospital, a persoa solicitante deberá estar adscrito ao mesmo no momento da firma do compromiso de aceptación.

Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude á presente convocatoria. Con carácter xeral, toda a documentación presentada deberá ser cumprimentada en español, salvo que as presentes bases prevexan que determinados documentos poidan ser achegados en idioma distinto.

Todas as solicitudes presentaranse exclusivamente a través do formulario dixital dispoñible na web.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de xuño de 2022, ás 18:00 h.

A resolución da convocatoria farase pública non máis tarde do 30 de setembro de 2022.

Concederanse polo menos 55 bolsas, dotadas cada unha delas cun importe bruto máximo de 40.000 euros.

https://www.redleonardo.es/wp-content/uploads/sites/6/2021/12/Bases-Becas-Leonardo-2022.pdf