Curso en Santiago de Compostela de Director/a de actividades de Tempo Libre da ETL Don Bosco

12 Mai 2022

A Escola de Tempo Libre Don Bosco realizará un curso de Director/a de actividades de Tempo Libre en Santiago de Compostela, dende finais de agosto ata finais de setembro de 2022.

Requisitos
Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, coma mínimo, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.
Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.

Datas da parte teórica:
Agosto: 29, 30 e 31
Setembro: 1, 2, 4, 5, 6, 7, 10, 11, 17, 18, 24 e 25
O curso desenvolverase de forma presencial. Si a situación sanitaria o require, unha pequena porcentaxe das horas do curso poderanse realizarase de forma online.

Horarios: As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

Matrícula:
Para realizar a inscrición do curso xa está dispoñible o Formulario de Inscrición
Tamén é posible realizar a inscrición nas instalacións da propia Escola (rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela).

Total prazas: 25 alumnos
Prezo: 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 150 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.

https://www.cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/380-curso-de-director-a-de-tempo-libre-2022