Axudas da Cámara de Comercio da Coruña para contratar xente nova

12 Mai 2022

A Cámara Oficial de Comercio da Coruña convoca axudas para contratar xente nova.

Destinatarias: empresas da demarcación da Cámara de Comercio da Coruña que contratasen a mozos e mozas beneficiarios do sistema nacional de Garantía Xuvenil, que participasen no Plan de Capacitación, por un tempo mínimo de 6 meses (180) días a tempo completo.

O importe das axudas por cada persoa nova contratada ascende a 4.950 €.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de decembro de 2022.

www.camaracoruna.com