Día das Letras Galegas e o do 35 aniversario da Escola Galega de Administración Pública

12 Mai 2022

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca actos de conmemoración do Día das Letras Galegas e o do 35 aniversario da Escola.

Os actos conmemorativos destas dúas efemérides coincidentes no mes de maio, o 35º aniversario da creación da EGAP e o Día das Letras Galegas, consistirán na celebración dun acto literario, así como nunha viaxe de interese cultural.

Persoas destinatarias.
No acto literario e conmemorativo poderá participar calquera persoa interesada ata completar a capacidade.
Á viaxe cultural terá acceso só o persoal empregado público ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 50 prazas).

Desenvolvemento.
- O día 20 de maio, ás 12.00 horas, no salón de actos da EGAP, terá lugar un acto literario e conmemorativo. Na homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán participarán Luisa Castro Legazpi, escritora e directora do Instituto Cervantes en Nápoles, e Xosé Carlos Caneiro, escritor e columnista de La Voz de Galicia, e terá lugar unha interpretación musical a cargo de Emilio Rúa. Así mesmo, no acto levaranse a cabo diversas actividades de conmemoración do 35º aniversario da EGAP.
- O día 21 de maio realizarase unha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu boa parte da vida de Florencio Delgado Gurriarán.

O programa completo das dúas actividades, así como o percorrido da viaxe cultural, poderanse consultar na páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal/).

Inscrición.
As persoas interesadas en participar no acto literario deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).
O prazo estará aberto ata as 23.00 horas do día 18 de maio de 2022.

Máis información no DOG do 12 de maio de 2022