Esfuerza Verán 2022: Praia, Vela e Piragüismo Inclusivo

11 Mai 2022

ESFORZA é un programa de Actividade Física Adaptada que levan a cabo a Fundación María José Jove e a Fundación "La Caixa". De carácter inclusivo, diríxese a persoas con e sen diversidade funcional que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables. ESFORZA Verán 2022 oferta tres actividades no medio natural: Axuda en Praia, Vela e Piragüismo Inclusivo. Desenvolverase en grupos reducidos e para a súa realización respectaranse, no seu caso, as medidas oportunas de control e prevención da transmisión do Covid-19.

Obxectivos:
Facilitar a integración e inclusión social das persoas con diversidade funcional.
Incrementar a participación das persoas con e sen diversidade funcional nas actividades da súa comunidade.
Xerar hábitos saudables en colectivos potencialmente sedentarios.
Ofrecer a posibilidade da práctica continuada de actividade física.
Mellorar a autoestima persoal e calidade de vida a través da Actividade Física Saudable.
Favorecer o desenvolvemento da autonomía funcional.
Desenvolver habilidades de comunicación e relacionadas co traballo en grupo.

Máis información:
https://www.fundacionmariajosejove.org/actividades-con-inscripcion/esfuerza-verano-2022
Teléfono 981 160 265
info@fundacionmariajosejove.org