Curso en Santiago de Compostela de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Don Bosco

11 Mai 2022

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un novo curso de monitor/a de tempo libre a realizar, de forma intensiva, dende finais de xuño a xullo de 2022

Requisitos
Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:
Xuño: 27, 28, 29 e 30
Xullo: 1, 4, 5, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 e 22
A maioría do curso desenvolverase de forma presencial. Unha pequena porcentaxe das horas do curso realizarase de forma online que poderían aumentar si a situación sanitaria así o requerira.

Horarios:
As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
Traballos e tarefas na aula virtual
Equipo necesario para as sesións online:

Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

Prezo:
250 €. Tasas de expedición de título non incluídas.
O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.

Lugar: Centro Xuvenil Don Bosco
Enderezo: Rúa Belvís 2. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 582 243

https://www.cxdonbosco.org/index.php/etl/cursos/379-curso-de-monitor-a-de-tempo-libre-2022-veran