II Ruta ao Exilio

11 Mai 2022

Ruta ao Exilio é un proxecto educativo itinerante impulsado polo Injuve e o Observatorio Europeo de Memorias da Fundación Solidariedade da Universidade de Barcelona (EUROM).
A proposta ten o obxectivo de achegar a historia recente española ás novas xeracións a través de percorridos polos lugares de memoria do exilio republicano español con actividades formativas e socioculturais.

A segunda edición explorará de novo a fronteira pirenaica e a costa mediterránea entre Cataluña e Francia desde o 15 ao 30 de xullo de 2022. A convocatoria está dirixida a mozas e mozos de toda España que teñan entre 16 e 17 anos no momento da expedición e as inscricións rstarán abertas ata o o 27 de maio.

A actividade é gratuíta.

Datas:
- Ata o 27 de maio: Inscricións abertas a mozas de 16 e 17 anos no momento de realizar o roteiro.
- 30 de maio - 12 de xuño: Período de selección e outorgamento das bolsas.
- 13 de xuño: Lista de admitidos.
- 15 - 30 de xullo: Período de realización de II Ruta ao Exilio: "Os presentes desterrados"

https://rutaalexilio.es/