Visitas didácticas en liña para ESO e Bacharelato. Un achegamento á arte contemporánea: o CGAC e a súa colección

10 Mai 2022

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza Visitas didácticas en liña para ESO e Bacharelato.

Durante as sesións realizarase unha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplificando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.

A actividade é de balde e para participar é preciso que os centros interesados envíen unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade dos participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.

Unha vez aceptada a solicitude os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.

Datas: do 20 setembro 2022 ao 30 xuño 2023
Duración: 60 minutos

https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/visitas-didacticas-en-lina-para-eso-e-bacharelato-un-achegamento-arte-contemporanea-o