Bolsas para asistir ao San Simón Fiddle

10 Mai 2022

A Asociación Cultural Galicia Fiddle ofrece dúas bolsas para asistir ao San Simón Fiddle, curso para mozos e mozas instrumentistas de corda que terá lugar entre o 4 e o 10 de xullo de 2022 na Illa de San Simón (Redondela).

As bolsas están abertas á mocidade instrumentista de corda entre os 7 e os 18 anos, que non participaran no curso con anterioridade.
A cuantía da bolsa cubrirá o 100 % da matrícula, que ten un valor de 625 € e inclúe todas as actividades, pensión completa e aloxamento na illa de San Simón.
As persoas solicitantes deben ter como mínimo 2 anos de estudos musicais (non necesariamente reglados) nos seguintes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo ou guitarra.

Os criterios de selección serán os seguintes:
- Traxectoria, motivación, e proxección
- Situación económica

As persoas solicitantes deberán enviar por correo electrónico a info@galiciafiddle.com a seguinte información:
a) Datos persoais: nome completo, idade, enderezo, lugar e data de nacemento
b) Datos de contacto: teléfono e correo electrónico
c) Breve reseña da súa experiencia co instrumento e estudos musicais cursados ata o momento (regrados ou non regrados)
d) Breve vídeo de presentación explicando as motivacións persoais polas que quere participar no curso, e interpretando un pequeno fragmento dunha melodía de música popular (tradicional, folk, rock, blues…)
e) Documentación que xustifique a situación económica: tarxeta de demandante de emprego, carnet de familia numerosa, etc.

A data límite para a recepción de solicitudes será o día 10 de xuño de 2022.
A concesión da bolsa comunicarase ás persoas seleccionadas a través do correo electrónico facilitado no momento da inscrición antes do día 15 de xuño de 2022.

https://galiciafiddle.com/bolsas/