Como identificar os establecementos adheridos?

A través dun adhesivo, que recolle unha reprodución do logo identificarás os lugares onde vos farán algún tipo de desconto ou vantaxe.

Establecementos adheridos adhesivo en png

Se algún establecemento non realizara o desconto, deberedes poñelo en coñecemento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante a folla de reclamación.

Iso si, debedes ter en conta que estes establecementos poden darse de baixa ou modificar os seus datos notificándoo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado con 2 meses de antelación, polo que esta información aparecerá actualizada nesta páxina web.