Bolsa de formación en IT support con Certificado Profesional de Google

09 Mai 2022

FAD Mocidade é un dos partners implementadores do Programa Work in Tech de INCO Academy en España, xunto a outras 30 entidades europeas. Este programa chegou xa a máis de 17 países en Europa onde máis de 9.500 persoas formáronse para despegar as súas carreiras na área de Tecnoloxías da Información.

Está dirixida a mocidade interesada en progresar na súa carreira dixital, mediante esta especialización en Soporte IT (gama de servizos que proporcionan asistencia co hardware ou software).

A duración do programa formativo é de 120 horas.

Ata o 1 de xuño de 2022 está aberto o prazo de inscrición no proceso de selección de persoas candidatas.
Poden solicitar as bolsas mocidade de 18 a 35 anos, con competencias dixitais básicas e en situación de desemprego ou con empregos temporais

https://workintech.campusfad.org/