Granito Rock

09 Mai 2022

A área de Mocidade do Concello de Collado Villalba impulsa unha nova convocatoria do certame novo Granitorock para promocionar aos novos intérpretes e impulsar as súas inquietudes artísticas.

No certame Granitorock poderán participar grupos musicais de rock compostos por mozos e mozas de entre 16 e 35 anos.

Os participantes poderanse presentar nas modalidades: Heavy Metal ( Heavy, Power; Thrash, Speed, Metal Progresivo, Death, Doom, Black, Metal Gótico, Nü Metal, Metal Industria…) e Rock (Hardrock, Stonerock, Rock Gótico, Punkrock, Grunge ou Postgrunge).

As obras poderán ser orixinais e/ou versións e deberán presentarse mediante o envío de ficheiros por plataforma de arquivos tipo Wetransfer, remitindo a correspondente ligazón ao correo electrónico: festivalgranitorock@gmail.com.

Os grupos seleccionados actuarán no Festival Granito Rock do mes de xullo, participando no espectáculo con conxuntos de renome nacional e internacional. As bandas que resulten finalmente elixidas recibirán 230 € en concepto de axuda para a actuación.

O prazo de presentación estará aberto ata o día 30 maio de 2022.

Poderán participar no certame grupos musicais de rock, residentes en todo o Estado Español e Unión Europea, compostos por mozas em mozos de entre 16 e 35 anos.

Ningún membro do grupo deberá superar en ningún caso os 35 anos, cumpridos na data do Festival Granitorock (16 de xullo de 2022).

Os grupos participantes non poden estar suxeitos a ningún tipo de contrato discográfico

http://www.colladovillalba.es/recursos/doc/desarrollo-local/juventud/certamen-granito-rock-2022.pdf