Bolsas de control sobre produtos obxecto de comercio exterior

09 Mai 2022

O Ministerio de Economía convoca 23 bolsas de especialización en materia de ensaios de control sobre produtos obxecto de comercio exterior.

Requisitos:
- Título universitario de Grao nos seguintes ámbitos de coñecemento: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñería civil; Bioloxía e xenética; Bioquímica e biotecnoloxía; Ciencias agrarias e tecnoloxía dos alimentos; Ciencias ambientais e ecoloxía; Ciencias da Terra; Farmacia; Física e astronomía; Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicación; Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegación; Enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio natural; Química; Veterinaria.
- Concluír os estudos nos 5 anos anteriores á convocatoria.

Cada bolsa estará dotada cunha cantidade máxima de 14.819,52 € anuais brutos, sendo a asignación mensual de 1.234,96 € brutos. A duración será de máximo de 2 anos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2022.
Máis información no BOE do 7 de maio de 2022 e en https://comercio.gob.es/es-es/ayudas-premios/Paginas/ayudas-subvenciones-premios.aspx