Programa Asesórate na rede

06 Mai 2022

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, a través do Servizo de Mocidade, pon en marcha o programa Asesórate na rede co obxectivo de lle ofrecer asesoramento á mocidade da nosa cidade en ámbitos temáticos que teñen gran demanda na Rede Municipal de Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña.

Desta maneira ofértanse 4 obradoiros de carácter gratuíto co fin de asesorar de maneira precisa sobre cuestións concretas vinculadas aos seguintes ámbitos: mobilidade xuvenil, emprego, saúde e voluntariado europeo.

As inscricións estarán abertas ata o día anterior do comezo de cada obradoiro.

Unha vez que se esgoten as prazas, abrirase unha listaxe de agarda para cada obradoiro na que te poderás inscribir chamando ao teléfono 981 18 42 94

OBRADOIROS

12 DE MAIO
Interrail para principiantes
Horario: 18.00 a 20.00 h
Idade: 12 a 30 anos
Lugar: Espazo Xuvenil Remanso
Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Cristina González González

19 DE MAIO
Como realizar unha entrevista de traballo?
Horario: 18.00 a 20.30 h
Idade: 16 a 30 anos
Lugar: Espazo Xuvenil Remanso
Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Cendá Consulting

2 DE XUÑO
Como realizar un voluntariado europeo?
Data: 2 de xuño
Horario: de 18.00 a 19.30 h
Idade: 18 a 30 anos
Lugar: Espazo Xuvenil Remanso
Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Fundación Paideia

9 DE XUÑO
Recalculando ruta: Obradoiro motivacional e de xestión emocional tras os efectos da covid-19
Horario: de 18.00 a 19.30 h
Idade: 16 a 25 anos
Lugar: Espazo Xuvenil Remanso
Dinamiza: Espazos de Información Xuvenil da Coruña e Centro Quérote+
NOTA: Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/programa-asesorate-na-rede/suceso/1453798093115