Premios fin de carreira

05 Mai 2022

A Consellería de Educación convoca os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2020/21, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2020 e o 30 de setembro de 2021.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Requisitos:
a) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED415A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 6 de xuño de 2022.
Máis información no DOG do 5 de maio de 2022 e en www.edu.xunta.gal e en orientacion.sug@edu.xunta.es