O que non se escribe. A paisaxe sonora

04 Mai 2022

O QUE NON SE ESCRIBE son unhas xornadas de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. Un proxecto único que pon no foco o proceso desde o máis antigo ao máis contemporáneo. O que fomos, o que somos e o que tendemos a ser como país musical.

A paisaxe sonora. Escoitar chover sobre a uralita, unha pota no lume, un coche que pasa, un veciño que saúda, unha máquina, os zapatos no chan, o vaso na mesa. As conversas entre elas, os risos nerviosos porque as están a gravar, as pausas, os silencios, as preguntas, as explicacións. A calidade da gravadora e o pulsar dos botóns. O son dos propios espazos, case sempre domésticos, íntimos. Un universo sonoro fascinante que atopamos nas gravacións custodiadas nos arquivos, horas e horas de información que non se escribe, que fica oculta entre as melodías e as letras, unha fotografía sonora do momento concreto no que foi feita cada gravación. E é aí, nesas paisaxes, onde atopamos as claves para crear desde unha perspectiva consciente e propia, baseándonos no necesario traballo escrito pero inspirándonos no que non se escribiu e nos define como pobo.

PROGRAMA

XOVES 12
16:00. Masterclass. Adrià Grandia | Dispositivos tradicionais
18:30. Encontro. Un novo mapa (música tradicional e creación)
21:00. Concerto. Joana Gomila & Laia Vallès | Paradís

VENRES 13
16:30. Encontro. Autoría, privacidade e protección de datos nas gravacións dos arquivos de música tradicional.
18:30. Encontro. E... un arquivo común?
20:30. Concerto. Los Sara Fontán & Amorante. SO

SÁBADO 14
10:00. Obradoiro. Monográfico de zanfona impartido por Adrià Grandia
11:30. Paseo guiado. Paseo Sonoro
18:30. Paseo guiado. Paseo Sonoro
20:30. Concerto. Anna Ferrer. Parenòstic
20:30. Concerto. Cocanha. Puput

DOMINGO 15
11:30. Paseo guiado. Paseo Sonoro
18:30. Paseo guiado. Paseo Sonoro

Do 12 ao 29: Paseo Sonoro

https://www.luneda.gal/oquenonseescribe/