Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación

04 Mai 2022

O Instituto da Mocidade convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación no ano 2022 para recoñecer o esforzo e o compromiso de novos xornalistas ou comunicadores no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional.

Esta convocatoria premiará os traballos que mellor contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo Impreso, Fotoperiodismo, Xornalismo Audiovisual e Xornalismo Dixital.

Para iso, premiaranse os traballos publicados entre o 1 de xullo de 2021 e o 4 de maio de 2022, enmarcados no ámbito do xornalismo social, entendido como aquel que asume a súa responsabilidade nos procesos sociais, reflexiona sobre o seu papel no devir social e preocúpase pola procura de solucións.

Estes Premios teñen unha dotación en cada unha das modalidades de 5.000 €.

Quen poden participar?
Poderán tomar parte nestes Premios, as persoas físicas (de forma individual ou participando de forma colectiva, cun máximo de 3 compoñentes) maiores de idade, sexan de nacionalidade española ou sexan estranxeiros con residencia legal en España, que non superen os 35 anos de idade na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes (6 de xuño de 2022).

Prazo: 2 de xuño de 2022

Máis información no BOE do 4 de maio de 2022