Bolsas en actividade comercial

04 Mai 2022

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca 4 bolsas de formación.

O programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.

Requisitos:
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2013 ou posterior.

Cada bolsa terá unha dotación máxima de 9.600 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos ao mes.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de xuño de 2022 e deben tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento IN225A.

Máis información no DOG do 4 de maio de 2022 e en https://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/direccion-xeral-de-comercio-e-consumo así como no teléfono 981 54 55 25 e no correo cei.dxc.axudas@xunta.gal