Bolsas no Museo de Belas Artes de Bilbao

03 Mai 2022

A Fundación Gondra Barandiarán-Museo de Belas Artes de Bilbao convoca sete bolsas a mozas e mozos que desexen ampliar a súa formación titorizados por profesionais do museo.

Deste xeito, ponse ao dispor dos participantes a experiencia dun equipo experto e a posibilidade de desenvolverse laboralmente no contexto real do ámbito museográfico e en diversas áreas da súa xestión: Arquivo e Documentación, Educación, Rexistro e Exposicións, Publicacións e Servizos Xerais. Con este obxectivo, e ao longo de nove meses, as persoas seleccionadas teñen a oportunidade de enriquecer o seu currículo, actualizar os seus coñecementos e adquirir novas competencias a través da relación directa co mundo laboral e o desenvolvemento práctico das súas capacidades na contorna do museo.

Requisitos:
Ter ao comezo da bolsa, a titulación esixida en cada caso.
Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1992.

Prazo de solicitude: ata o 20 de maio de 2022.

https://museobilbao.com/becas-de-formacion-gondra-barandiaran-museo-bellas-artes-de-bilbao-2022-2023/