O British Council, a organización internacional do Reino Unido para as relacións culturais e as oportunidades educativas, deu a coñecer a primeira edición das bolsas The Global Wales Postgraduate Scholarship, que ofrece axudas a estudantes que desexen realizar un posgrao en Gales (Reino Unido).
Requisitos:
Solicitar estudar nun programa de posgrao nalgunha destas universidades de Gales: Aberystwyth University, Bangor University, Cardiff University, Cardiff Metropolitan University, Swansea University, University of South Wales, University of Wales Trinity Saint David e Wrexham Glyndwr University.
Comezar o curso de posgrao en setembro de 2022.
Ter a condición de estudante estranxeiro/a para o pago de taxas.
Ser cidadán da Unión Europea, América do Norte, Vietnam e India.
Prazo de solicitude: ata o 31 de maio de 2022.
https://www.studyinwales.ac.uk/global-wales-postgraduate-scholarship