Cursos de Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en espazos acuáticos naturais

28 Abr 2022

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca cursos do módulo de Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en espazos acuáticos naturais, incluído no Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN-4), co obxectivo de acadar a formación mínima que debe reunir o persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Lugar: os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra)
Datas: 23, 24 e 25 de maio de 2022
Destinatarios/as: persoas interesadas na inscrición no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia na sección do persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal
A selección realizarase por orde de entrada da solicitude de inscrición.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2022 e en https://agasp.xunta.gal/gl/colectivo/emerxencias/salvamento-socorrismo