Crea Economía Social 2ª edición

27 Abr 2022

A Universidade de Vigo e AJE Pontevedra no marco da Rede Eusumo organizan a 2ª edición do concurso de ideas:

CREA ECONOMÍA SOCIAL

Participantes: Calquera persoa ou grupo que teña unha idea de empresa de economía social para a súa implantación na Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, o concurso esta deseñado para a participación de:

Estudantes do Campus CREA de PONTEVEDRA
Persoal Docente e Investigador (PDI) do Campus CREA de PONTEVEDRA
Persoal de Administración e Servizos (PAS) do Campus CREA de PONTEVEDRA
Persoas emprendedoras en xeneral.

Obxectivo: premiar as mellores ideas de negocio baseadas en principios de economía social do estudantado, Persoal Docente e Investigador (PDI) e Persoal de Administración e Servizos (PAS), ademais de:

Identificar e recoñecer as ideas e iniciativas de emprendemento innovadoras.
Dar visibilidade entre o alumnado do campus crea das iniciativas de emprendemento actuais.
Fomentar o espírito emprendedor a través da creatividade das persoas participantes e sobre a base dun enfoque integral (social, económico, medioambiental, cultural…)
Difundir a cultura emprendedora, o talento, a innovación, a difusión do coñecemento e a transferencia de información.
Data límite para presentar a candidatura: ata o mércores 21 de xuño de 2022.

Premios:

Mellor idea de negocio en artes, comunicación e creatividade.
Mellor idea de negocio en educación, innovación social e xestión pública
Mellor idea de negocio en deporte, saúde e benestar
Mellor idea de negocio en medio ambiente e natureza

Para participar: entregar en contacta@creaeconomiasocial.com o formulario de candidatura que aparece na páxina web do concurso www.creaeconomiasocial.com ou un vídeo de non máis de 1 minuto coa descrición da idea de negocio, a necesidade que cubre, o produto ou servizo que comercializa.

Asesoramento previo a presentar a candidatura: as persoas que desexen participar contarán cun servicio de apoio que lles axude a resolver as súas dúbidas antes de presentar a candidatura. Para poder solicitar este asesoramento terá que escribir a contacta@creaeconomiasocial.com deixando os datos de contacto. Tamén poderán participar nunha serie de talleres nos que aprender a identificar problemas, deseñar produtos e servizos adaptados á realidade social e económica, deseñar procesos de compra e venda e coñecer casos de éxito.

Para máis información: www.creaeconomiasocial.com