Concurso de debuxo e pintura para mocidade

27 Abr 2022

A Concellería de Mocidade do Concello de Las Rozas organiza o 16º Concurso de Artes Plásticas, no que poden participar, de maneira individual, mozos e mozas españois ou residentes en España, non profesionais, entre 14 e 30 anos.

Cada participante só poderá presentar unha obra por categoría e cada obra só se poderá presentar a unha única categoría. As obras presentaranse sen firma e sen nome de autor/a, pero cun título ou lema no dorso. Presentaranse perfectamente embaladas, protexidas e preparadas para expoñer (incluíndo as hembrillas ou enganche para a súa exposición sobre parede).

Cada autor/a entregará un sobre pechado en cuxo exterior figurará o mesmo título ou lema e no seu interior detallaranse os datos persoais do autor/a (nome e apelidos, dirección, correo electrónico, teléfono e idade), xunto cunha fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

Admitiranse obras realizadas en lenzo, papel ou cartón lixeiro. Dúas categorías: pintura e debuxo.

Só se admitiran orixinais inéditos das obras, que deberán presentarse sobre cartón pluma ou soporte ríxido lixeiro, cunhas medidas mínimas de 15x21 centímetros e máximas de 50x70 centímetros.

O prazo de admisión das obras será do 12 de setembro ao 7 de outubro de 2022.

As obras enviaranse a: Centro de la Juventud, Avda. Nuestra Señora del Retamar 8, 28232 Las Rozas. Madrid

Premios:
Premio á mellor obra de pintura: 500 euros.
Premio á mellor obra de debuxo: 500 euros.
Premio á mellor obra de autor local: 300 euros

https://www.lasrozas.es/juventud/concursos-rozasjoven/artes-plasticas