Bolsa para unha viaxe a un país estranxeiro

27 Abr 2022

A Fundación Zis convida á mocidade de todas as nacionalidades entre 16 e 20 anos a ter a oportunidade de recibir unha bolsa de 700 euros para unha viaxe a un país estranxeiro.

Cales son as condicións da viaxe?:
Débese investigar un tema elixido polo participante
Empréndese só ou soa.
Págarase só coa bolsa (700 euros).
Debe durar polo menos catro semanas.
Debe incluír o desprazamento a un país diferente ao de orixe.
Non se permite o transporte en avión.
Non se patrocinarán viaxes a rexións de guerra ou conflitos étnicos violentos.
Cada participante ten un asesor persoal (mentor) para axudar a organizar a viaxe por correo electrónico.
Os participantes deberán entregar un informe do proxecto (8.000 palabras como mínimo), un diario de viaxe ou unha documentación alternativa.

Como presentar a solicitude?
A mocidade candidata debe completar o formulario de solicitude. Pídese aos pais que completen un formulario de consentimento (mesmo se o candidato/a alcanzou a maioría de idade).

Podes solicitalo se es un mozo ou unha moza de entre 16 e 20 anos e non asistes á universidade.

Podes solicitalo ata o 15 de febreiro de 2023.

https://www.zis-reisen.de/en/your-journey/