Obradoiro de creación de personaxes

27 Abr 2022

A Consellería de Educación convoca un Obradoiro de creación de personaxes na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela. Será impartido por Javier Peña.

Este obradoiro de escritura creativa está destinado a 15 participantes que se centrarán na creación dos personaxes e do protagonista da súa propia novela. A través de catro clases teóricas e un exercicio práctico onde analizar textos da literatura galega do noso mundo editorial, coñecerán os pasos clave para mellorar as súas destrezas como novelistas.

O obxectivo principal da iniciativa é dotar de ferramentas os escritores e escritoras que están a comezar o seu camiño na escrita para que poidan producir as mellores obras posibles e facerse un oco entre os autores publicados.

Dirixido a 15 persoas maiores de 18 anos.

A inscrición faise a través do formulario dispoñible na web da Biblioteca Pública de Santiago. As sesións terán lugar os sábados 14, 21 e 28 de maio e 4 de xuño na biblioteca, mentres que e o acto de clausura será o venres 17 de xuño. No momento da inscrición, será imprescindible ter o carné da Rede de bibliotecas de Galicia.

https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/actualidade/axenda/obradoiro-de-creacion-de-personaxes-cargo-de-javier-pena