Bolsas para cursar un máster na Universidade de Alcalá

26 Abr 2022

A Universidade de Alcalá en colaboración co Banco Santander convoca 80 Bolsas "Miguel de Cervantes" a estudantes de Máster Universitario durante o curso 2022-23: 40 para estudantes residentes en España e 40 para estudantes con residencia fóra de España.

Todas as persoas candidatas deberán ter un dominio suficiente da lingua na que van cursar estudos.

As bolsas Miguel de Cervantes proporcionan aloxamento gratuíto na Residencia Universitaria CRUSA Village en cuarto dobre compartido.

Ademais da inscrición na plataforma de www.becas-santander.com, a solicitude da Bolsa farase a través da aplicación informática de Preinscrición en Másteres Universitarios.

O prazo de presentación de solicitudes será:
Para estudantes residentes en España: ata o 15 de xuño de 2022.
Para estudantes residentes fose de España: ata o 31 de maio de 2022.

A duración máxima das bolsas para estudantes de Máster será de 10 meses durante o período correspondente ao curso académico 2022-2023 (desde o 15 de setembro de 2022 ao 15 de xullo de 2023) e poderá ser renovada unha única vez (por un semestre para os másteres de 90 créditos ou por dous semestres para os másteres de 120 créditos) e só para aqueles estudantes que fosen admitidos nun estudo de Máster de 3 ou 4 semestres de duración (90 ou 120 créditos) durante o curso 2023-2024.

Requisitos
As persoas candidatas deberán estar en posesión do título de grao ou do nivel académico que lles faculte no seu país de orixe para o acceso a estudos de Máster.

Para calquera dúbida relacionada con estes requisitos consultar coa Escola de Posgrao en info.postgrado@uah.es

https://app.becas-santander.com/es/program/becas-santander-estudios-xix-programa-becas-miguel-de-cervantes-uah-2022-23