MociHorta Comunitaria en Oleiros

26 Abr 2022

MociHorta Comunitaria levarase a cabo todos os luns dende o 2 de maio ata o 27 de xuño en horario de 17:00 a 19:00. Na súa web poderedes atopar o enlace da inscrición.

A actividade é gratuita e están dirixida a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

O programa aproximado das sesións sería o seguinte:
Sesión 1: Presentación. ferramentas. Comezo traballo na horta.
Sesión 2: Preparación da terra. Pasar motocultor.
Sesión 3: Aporte de terra. Preparación de bancais. Instalación de valado.
Sesión 4: Colocación de regado. Construción e montaxe do compostoiro.
Sesión 5: Sementeira. Plantación.
Sesión 6: Construción e instalación de hotel de insectos, refuxios de fauna e caixas niño para aves e morcegos.
Sesión 7: Eco xardín de plantas aromáticas.
Sesión 8: Construción de horta vertical para terrazas.
Sesión 9: Recollida e degustación. Avaliación final.

Máis información en https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/2022/04/21/mocihorta-comunitaria/