Bolsas para cursar estudos de grao ou ensinos artísticos superiores

25 Abr 2022

A Fundación La Caixa convoca un programa de bolsas para cursar estudos de grao ou ensinos artísticos superiores en universidades ou centros de ensino superior do territorio español.

Convoca 50 bolsas para estudantes excelentes, con escasos recursos económicos que desexen cursar estudos de grao ou ensinos artísticos superiores en universidades públicas ou centros públicos de ensino superior no territorio español e que empecen por primeira vez no curso 2022-2023.

A convocatoria está aberta a todas as áreas do coñecemento. O inicio da bolsa coincidirá co inicio dos estudos.

A duración da bolsa será igual á duración establecida no plan de estudos da titulación para a que se conceda a bolsa, a condición de que se cumpran os requisitos de renovación establecidos nestas bases.

Estas bolsas son exclusivamente para estudos presenciais, a tempo completo e con dedicación plena.

Os solicitantes que obtivesen unha bolsa deberán formalizar a matrícula dos estudos de grao universitario ou ensinos artísticos superiores para o curso 2022-2023.

Así mesmo, para que a bolsa de grao da Fundación La Caixa se faga efectiva, deberase solicitar a bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2022-2023.

As persoas solicitantes deberán realizar a súa solicitude por internet, a través da aplicación de solicitudes dispoñible no apartado de bolsas da web da Fundación La Caixa.

Data de peche da convocatoria o 3 de xuño de 2022 ás 14:00 horas.

A persoa solicitante deberá ser beneficiario da dotación fixa por renda, limiar 1 de renda familiar, da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional na convocatoria 2021-2022.

As persoas solicitantes deberán superar o último curso de Bacharelato ou Ciclo Formativo de Grao Superior (CFGS) no curso 2021-2022.

Quenes estudos de Bacharelato deberán superar as probas de acceso á universidade na convocatoria ordinaria 2022.

BASES