Premio de poesía nova de RNE

25 Abr 2022

RTVE e a Fundación Montemadrid convocan o XIV Premio de Poesía Nova RNE-Fundación Montemadrid.

Poderán participar os e as escritores cunha ou máis obras orixinais e inéditas en castelán, que non fosen premiadas anteriormente noutros concursos.

As obras, de tema libre, deberán contar cun mínimo de 500 versos. Presentaranse obrigatoriamente en formato escrito e dixital (é obrigatorio o envío das obras nos dous formatos: escrito e dixital):

- En formato escrito en papel, grampadas ou encadernadas debidamente, por duplicado, en DIN-A4, escritas a máquina ou en computador a dobre espazo e por unha soa cara. Na portada deberá constar o nome da obra e o pseudónimo. Só se admitirán os que fagan constar no cuño o seu envío antes das 24 horas do 31 de maio de 2022.

Enviaranse nun sobre pechado á dirección: Programa 'La estación azul' Radio Nacional de España. Avda. da Radio e Televisión nº 4. Prado del Rey 28223 Pozuelo de Alarcón (Madrid). No sobre deberá figurar claramente que opta ao Premio de Poesía Nova RNE-Fundación Montemadrid. No exterior deste sobre deberá constar o nome da obra e o pseudónimo.

No interior do mesmo sobre deberá ir outro sobre pechado coa plica, que é un sobre pechado, en cuxo exterior debe consignarse o nome da obra e o pseudónimo e no interior deben constar os datos persoais do autor: nome e apelidos, dirección e teléfono de contacto, fotocopia do DNI e unha breve nota biobibliográfica.

Só se admitirán os que fagan constar no cuño o seu envío antes das 24 horas do 31 de maio de 2022.

- En formato dixital (pdf), co título da obra e o pseudónimo, e sen ningún tipo de dato persoal, á seguinte dirección: concursopoesia.rnemontemadrid@rtve.es

A convocatoria estará aberta ata o día 31 de maio de 2022, inclusive.

Requisitos
Poderán participar escritores de nacionalidade española ou hispanoamericana que non teñan máis de 30 anos na data de peche da convocatoria.

Dotación
A obra premiada será editada e distribuída pola editorial Pre-Textos.
A persoa gañadora terá dereito a recibir 25 exemplares da súa obra.

https://www.rtve.es/television/20220328/xiv-premio-poesia-joven-rne-fundacion-montemadrid/2323000.shtml