Emprego 30 días

25 Abr 2022

A Xunta de Galicia lanzou o reto 'Emprego 30 días' coa colaboración da influencer galega Eva Porto, experta en recursos humanos e orientación laboral, para "contribuír á empregabilidade dos galegos e galegas" con retos diarios de 15 minutos durante un mes nos que se abordarán as ferramentas imprescindibles para mellorar as oportunidades laborais.

O programa desenvolverase en liña, segundo explicou a Xunta nun comunicado, e será gratuíto para todos os interesados, que poden inscribirse a través de https://evaporto.com/reto-emprego-30/ 

Entre outras temáticas, os retos tratarán como mellorar o currículum vitae, as entrevistas de traballo, o uso de redes como LinkedIn, portais de emprego, formación... O programa incluirá ademais servizo de orientación laboral para as persoas participantes e formará sobre chaves do éxito na busca de emprego, coma estratexias de autorregulación (control emocional, afrontamento activo) ou resistencia perante a adversidade.

Incluirase ademais un servizo de orientación laboral para as persoas participantes e formarase sobre as "chaves do éxito na procura de emprego", como estratexias de autorregulación (control emocional, enfrontamento activo) ou resistencia fronte á adversidade.

O #RETOEMPREGO30DÍAS, promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, basase nuha experiencia similar que a propia Eva Porto puxo en práctica o pasado xaneiro, con máis de 13.000 persoas rexistradas que, ao finalizar o programa, expresaron unha satisfacción de 9,1 puntos sobre 10.

No reto poden participar persoas de calquera idade que desexen atopar un posto de traballo ou mellorar a súa situación laboral.

https://evaporto.com/reto-emprego-30/