Estudos artísticos en EE.UU.

25 Abr 2022

O Ministerio de Educación convoca 5 bolsas para a ampliación de estudos artísticos e de xestión cultural nos Estados Unidos de América para o curso 2022/2023, nas seguintes especialidades ou áreas de actividade:
- Artes Cinematográficas e Audiovisuais
- Artes Escénicas
- Artes Plásticas e Visuais
- Música e Musicología
- Museoloxía e Conservación do Patrimonio

Requisitos dos solicitantes:
Españoles/as que estén en posesión dun título superior expedido por unha universidade española, ademais deberán tener unha carta de acceso ou invitación dun centro estadounidense.

Dotación: a asignación mensual será de 1.400 a 2.760 dólares, segundo universidade ou centro de destino. Ademais abonarase o billete de ida e volta e gastos varios (de 2.300 a 2.600 dólares), máis os gastos de matrícula e taxas (máximo de 34.000 dólares).

O formulario de solicitude electrónica así como o impreso das cartas de referencia están dispoñibles en http://www.fulbright.es

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de maio de 2022.
Máis información no BOE do 23 de abril de 2022 e en https://fulbright.es/programas-y-becas/becas-para-espanoles/