Concurso de Cómic Universo Goya

20 Abr 2022

Fundación Ibercaja convoca o II Concurso de Cómic Universo Goya, destinado ao fomento do coñecemento entre a mocidade da traxectoria e obra do pintor aragonés, un dos máis relevantes da cultura artística española e universal.

Deseña un cómic sobre Goya, Fundación Ibercaja edita e difunde os traballos gañadores e podes gañar tamén premios en metálico. Os dous mellores traballos obterán, ademais de premios en metálico, a edición e difusión dos cómics. E, aínda por riba, todas as propostas que o xurado premie e seleccione formarán parte da exposición dixital "Universo Goya", que poderá gozarse na páxina web de Fundación Ibercaja.

Poderanse presentar un máximo de 2 traballos por participante. As obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas.

Tema e técnica serán libres, aínda que o eixo central será a vida e traxectoria artística de Goya, podendo facer referencia a efemérides biográficas do autor, reflexións sobre a súa obra en conxunto ou sobre algún cadro, debuxo ou gravado de forma individual, etc. Deberán ser historias completas, autoconclusivas e realizadas entre 2 e 4 páxinas a unha soa cara, en branco e negro ou cor, formato vertical e en castelán.

O prazo de recepción de propostas, en formato dixital, estará aberto ata as 12:00 horas do 24 de xuño de 2022.

Dirixido a mozos de 18 a 30 anos (cumpridos ao 31 de decembro de 2021), nados ou residentes en España.

Establécense dous premios que consistirán na adquisición por Fundación Ibercaja das obras gañadoras por valor de 1.200 euros (impostos incluídos) no caso do primeiro premio e por 600 euros (impostos incluídos) no caso do segundo premio.

O premio implicará ademais a edición do cómic, 20 exemplares dos cales serán entregados a cada autor, quedando o resto ao dispor de Fundación Ibercaja.

https://www.fundacionibercaja.es/zaragoza/ii-concurso-de-comic-universo-goya