Actividades e formacións en Oleiros

19 Abr 2022

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros - Portaberta e As Pedras - organizan actividades e formacións para o mes de maio.

Todas as actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais continuarán coas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

Actividades de maio
06/05/2022 - OBRADOIRO DE XAMPÚ ARTESANAL - AS PEDRAS - 18:00h a 20:00h.
07, 14, 21 e 28/05/2022 - CURSO DE MEDIACIÓN DE CONFLITOS - AS PEDRAS - 09:00h a 14:00h.
07/05/2022 - CONCURSO DE TORTILLA DE PATACA - PORTABERTA - 19:00h a 21:00h.
13/05/2022 - OBRADOIRO DE VELAS ARTESANAIS - PORTABERTA - 18:00h a 20:00h.
20/05/2022 - INICIACIÓN Á BACHATA - AS PEDRAS - 18:00h a 20:00h.
27/05/2022 INICIACIÓN Á BACHATA - PORTABERTA - 18:00h a 20:00h.
28/05/2022 - 2ª ETAPA DO CAMIÑO - 10:00h a 18:00h.
DATA SEN CONFIRMAR - MOCIRADIO.
A inscrición a cada actividade finaliza o domingo anterior á realización da mesma

Os seus Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00; e o horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a xoves de 17:00 a 20:00 e venres e sábado ate as 22:00.

Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
Páxina web: https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/