XXV Certame Literario de Piñor de narracións breves

13 Abr 2022

O Concello de Barbadás e a Asociación Música e Cultura de Galicia convocan o XXV Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.

Establécense tres categorías:
-Categoría A para participantes maiores de idade.
-Categoría B para participantes de 13 a 17 anos.
-Categoría C para participantes que formen parte do alumnado de Educación Primaria.

Premiaranse dous relatos en cada categoría:
-Na categoría A con 500 e 300 euros, respectivamente.
-Na categoría B con 200 e 100 euros, respectivamente.
-Na categoría C con 100 e 75 euros, respectivamente, que se outorgarán mediante bonos para a compra de material escolar.

Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non excederá de 10 folios, por unha soa cara e con entreliñas de duplo espazo. Ademais deberán presentarse mecanografados e encabezados por un lema ou pseudónimo.

O prazo de admisión pecharase o venres, 27 de maio de 2022 ás 14 h.

Bases do Certame