Certame Poesía para Novos Poetas “Antonio Hernández”

12 Abr 2022

A Fundación "Siglo Futuro" promove a creación literaria entre a mocidade, convocando a X Edición do Certame Nacional de Poesía para Novos Poetas “Antonio Hernández”.

Poderanse presentar cantas obras estimen convenientes. Cada obra consistirá nun poema ou conxunto de poemas, cunha extensión mínima de 400 versos e máxima de 500.

Correo postal: As obras deberán presentarse por triplicado e grampadas, en tamaño DIN A4, con tipo de letra Times New Roman de 12 pt, interlineado 1.5 e coas páxinas numeradas. Na portada figurará, soamente, o título da obra e o pseudónimo co que se presenta o autor/a. Non se admitirán encadernacións ou cubertas de plástico. Deberán enviarse en sobre pechado e no seu interior, ademais dos tres exemplares da obra, incluirase outro sobre máis pequeno ou plica, tamén pechado que leve visible o mesmo título e pseudónimo que a obra, contendo no seu interior os seguintes datos do autor/a: Nome e apelidos, teléfono de localización (preferentemente móbil), dirección de correo electrónico e unha fotocopia do DNI (anverso e reverso).

O sobre, con toda a documentación referida deberá enviarse a: Fundación Siglo Futuro. Rúa Cifuentes, 28 – Campus Universitario. 19003 – Guadalaxara.

Correo electrónico. Enviaranse desde unha conta de correo que non permita a identificación do autor ou autora á seguinte dirección de correoelectrónico: premioantoniohernandezfsf@gmail.com

No asunto deberá figurar Premio Antonio Hernández, o nome da obra e no seu caso o lema ou pseudónimo.

Achegaranse dous arquivos en formato pdf. No primeiro, a obra presentada co seu título e lema; no segundo os seguintes datos do autor: Nome e apelidos, teléfono de localización (preferentemente móbil), dirección de correo electrónico e unha fotocopia do DNI ( anverso e reverso)

A data límite para a recepción será o venres 30 de setembro de 2022 ás 20:00 horas.

Poderán participar todas as persoas que acrediten residir en España e nacer a partir do día 1 de outubro de 1987.

O Premio está dotado con 600 € en metálico e a edición de 200 exemplares da obra, dos que 45 entregaránselle ao autor.

https://fundacionsiglofuturo.org/convocado-el-x-certamen-nacional-de-poesia-para-jovenes-poetas-antonio-hernandez-de-la-fundacion-siglo-futuro/