I Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer

19 Xul 2022

A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a primeira edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.

O núcleo temático da obra será a enfermidade do Alzheimer e outras doenzas próximas de deterioración cognitiva, así como todos os elementos que xiran arredor delas.

O idioma das obras presentadas será o galego.
Establécese un único premio dotado con 3.000 €.

O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 15 de agosto de 2002.

Máis información