XXXV Premios Prismas á divulgación científica

07 Abr 2022

Os Museos Científicos Coruñeses do Concello da Coruña convocan os XXXV Premios Prismas á divulgación científica.

Concederanse os Prismas de Bronce aos mellores traballos de divulgación científica nas modalidades de vídeo, novos medios, texto inédito, libro editado, artigo xornalístico, radio e proxectos singulares. O xurado outorgará ademais un Prisma especial a persoas e institucións que se significaron pola súa especial contribución á divulgación científica

Contía.
a) Modalidade “Prisma a vídeo”: un premio de 4.000,00 €.
b) Modalidade “Prisma a Novos medios”: un premio de 4.000,00 €.
c) Modalidade “Prisma a texto inédito e autoeditado”: un premio de 4.000,00 €.
d) Modalidade “Prisma a libro editado”: un prisma de bronce.
e) Modalidade “Prisma a artigo xornalístico”: un premio de 4.000,00 €.
f) Modalidade “Prisma traballo en radio”: un premio de 4.000,00 €.
g) Modalidade “Prisma proxecto singular”: un premio de 4.000,00 €.
h) Modalidade “Prisma especial do xurado”: un prisma de bronce.

Prazo de presentación de solicitudes.
a) Modalidade “Prisma a vídeo”: ata o 1 de agosto de 2022.
b) Modalidade “Prisma novos medios”: ata o 1 de agosto de 2022.
c) Modalidade “Prisma a texto inédito e autoeditado”: ata o 1 de agosto de 2022.
d) Modalidade “Prisma a libro editado”: ata o 15 de xuño de 2022.
e) Modalidade “Prisma a artigo xornalístico”: ata o 1 de agosto de 2022.
f) Modalidade “Prisma traballo en radio”: ata o 1 de agosto de 2022.
g) Modalidade “Prisma proxecto singular”: ata o 1 de agosto de 2022.
h) Modalidade “Prisma especial do xurado”: ata o 1 de agosto de 2022.

Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 19 de novembro de 2022.

Máis información no BOP da Coruña do 7 de abril de 2022