Programa Talentum Telefónica 2022

05 Abr 2022

A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa Talentum Telefónica 2022.

O obxectivo é ofrecer unha formación práctica nunha contorna de innovación e emprendemento nas empresas pertencentes ao Grupo Telefónica e nas empresas ou institucións que se adhiran ao Programa.

O programa está destinado a persoas mozas tituladas universitarias ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar; ou tituladas de grao superior ou medio de formación profesional.

Dentro do programa existen distintas modalidades de bolsas dentro das cales os bolseiros poderán desenvolver a súa formación práctica:
- BAU: a persoa en formación práctica participará no equipo dunha empresa ou institución adherida ao programa.
- LAB: a persoa en formación práctica participará, co apoio dun mentor ou mentora expertos na disciplina, nun ou varios proxectos dentro dos equipos da empresa ou institución que lle sexa asignada.

O período formativo tendra unha duración de entre un mínimo de tres e un máximo de doce meses.

O horario no que as persoas beneficiarias das bolsas desenvolverán a súa formación práctica acomodarase ás posibilidades da empresa ou institución na que reciban a citada formación; esta poderá ter unha duración de 25 horas semanais ou de 35 horas semanais dependendo das características da bolsa que teñan asignada.

Os bolseiros poderán adquirir a súa formación práctica en España ou no estranxeiro, en calquera das empresas ou institucións adheridas ao Programa, baixo a tutela de Telefónica, recibindo a formación establecida, que contará coa aprobación da Fundación SEPI.

Aberta á recepción de solicitudes ata o 30 de novembro de 2022.

Requisitos xerais:
- Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1992.
- Nivel medio ou alto de inglés.
- Concluír, no momento da súa inscrición no programa, os estudos necesarios para a obtención dun título oficial universitario ou de grao medio ou superior de formación profesional recoñecidos polo Estado español ou, noutro caso, homologados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. Poderán tamén presentar a súa candidatura e optar ás bolsas, as persoas estudantes universitarias que teñan, no momento da súa inscrición, como máximo, 30 créditos ECTS pendentes de aprobar.
- Estar disposto a fixar a residencia no lugar onde lle sexa adxudicada a bolsa.
- Non ser beneficiario ou beneficiaria dalgún programa de bolsas da Fundación SEPI, nin renunciar a algunha bolsa outorgada por esta institución durante o período formativo.

Dotación
- Período de formación práctica en calquera das empresas e institucións adheridas ao Programa, baixo a tutela de Telefónica, de conformidade co plan formativo da súa bolsa.
- Sesións lectivas incluídas no Programa relacionadas coa súa práctica formativa.
- Asignación económica durante todo o período formativo.

https://www.fundacionsepi.es/becas/talentum-fsepi.asp